Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Adxudicada a redacción da Ordenación dos Solos Urbanizables en Pazos de Reis

22/03/2024

O obxectivo é abrir a rúa Maristas cara Pazos de Reis e posibilitar o desenvolvemento urbanístico neste ámbito

A última Xunta de Goberno Local do Concello de Tui ven de adxudicar a redacción da Ordenación dos Solos Urbanizables de Pazos de Reis, en concreto os Solos Urbanizables 16, 17 e 18.

A ordenación de esta zona urbana é necesaria, por unha banda, para poder realizar a apertura da rúa Maristas cara a Pazos de Reis e, por outra, para posibilitar a edificabilidade de eses solos, permitindo, dese xeito, o desenvolvemento urbanístico dese ámbito paralizado nestes momentos.

Esta ordenación súmase a outros proxectos de desenvolvemento urbanístico que nestes momentos está levando a cabo o actual Goberno Municipal, como son a  modificación dos PERIS de San Bartolomeu, que xa superaron o proceso inicial, a modificación do ámbito urbanístico da antiga Aduana de Tui, o ámbito do Casino de Tui, así coma a regulación do asentamento industrial de Baldráns e, xa rematada, a ordenación dos Solos Industriais de Ribadelouro, en concreto o SUB 2A e SUB 2B.

A estes proxectos de desenvolvemento do planeamento vixente do PXOM de Tui hai que engadirlle que tamén se está a tramitar a modificación de Usos do Plan Xeral de Tui, toda vez que a actual regulación está a impedir a viabilidade de varios proxectos urbanísticos. Así como tamén a modificación de Usos do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Tui, co fin de poder viabilizar ambos instrumentos urbanísticos.

En total dende o pasado mandato estanse a levar a cabo un total de oito modificacións do planeamento actual vixente, o que está a requirir un enorme esforzo do Departamento de Urbanismo do Concello de Tui. a quen o Goberno Municipal lle quere agradecer a súa implicación e compromiso