Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

6ª Andaina Saudable Eurocidade 2012 este sábado 9 de Xuño – Camiño de Santiago

7/06/2012

O próximo sábado 9 de xuño, ás 10.30 hora española, realizarase a sexta Andaina Saudable Eurocidade 2012, organizada pola Cámara de Valença e o Concello de Tui.

 

Nesta ocasión o “Camiño de Santiago” sairá dende a Igrexa Matriz de Fontoura, en Valença, e percorrerá as Freguesías de Fontoura, Cerdal, Arao, Valença e Tui, Rebordáns e Ribadelouro, cunha distancia de 22 qms, e cun grado de dificultade baixo.

 

Dado que esta andaina non é circular, a organización poñerá un autobús a disposición dos participantes para realizar a volta ao punto de saída, aínda que non é necesario facer a inscrición previa.

 

O punto de encontro se encontra nas coordenadas: 41°57'22.70"N/ 8°37'58.64"W (ver en Google Maps)