Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

1.200 mozos e mozas de Xetafe preparan en Tui a Xornada Mundial da Xuventude

28/07/2023

Un total de 1.200 mozos e mozas da diocese de Xetafe están até o próximo luns en Tui preparando a súa participación na Xornada Mundial da Xuventude a próxima semana en Lisboa.  Os dous pavillóns municipais, xunto ao pavillón do CEIP nº2 e do IES San Paio e as instalacións do Colexio Maristas Santa María serven de aloxamento e centros de actividades.

Onte á tarde a tenente alcalde, Ana Núñez, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, achegáronse ás instalacións do Colexio Marista Santa María para darlle a benvida a estes 1.200 mozos e mozas que están en Tui acompañados polo bispo da  diocese de Xetafe.  Os representantes municipais desexáronlles boa estadía en Tui. A súa ledicia deixase contaxiar nas rúas de Tui por onde transitan os distintos grupos coñecendo a cidade, os seus valores artísticos, patrimoniais, históricos e naturais.

O próximo luns a primeira hora máis de 15 autobuses sairán dende Tui con destino a Lisboa.