Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Ás 11.30 h asínase un convenio entre o Concello de Tui e COGAMI

15/09/2020

Hoxe martes, 15 de setembro, ás 11.30 h, no salón de sesións da casa do concello terá lugar a sinatura dun convenio entre o Concello de Tui e COGAMI para a ubicación no Centro Municipal de Formación dun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade.

A sinatura correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Tamén estará presente a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.