Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Ás 00 h entran en vigor as novas medidas de máxima restrición

14/01/2021

Ás 00 h do venres, 15 de xaneiro de 2021, entrarán en vigor as novas medidas establecidas pola Xunta para facer fronte a actual situación epidemiolóxica.

Tui é un dos 60 concellos galegos nos que estarán vixentes as máximas restricións. Así se recolle no DOG  Núm. 7-Bis, do mércores, 13 de xaneiro de 2021.

Tui continará co peche perimetral individual. e restricións Nivel Máximo. (Máis información)

LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Real Decreto 956/2020, de 3 de noviembre, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.

  • Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
    • Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
    • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
    • Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
    • Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
    • Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
    • Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
    • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
    • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
    • Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS

  • Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.

LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAIDA DE PERSOAS

  • Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 1 de febreiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos adecuadamente xustificados.
  • Tui conta con restricións perimetrais no termo municipal.
  • As excepcións das limitacións de mobilidade contémplanse no número 3 do punto primeiro do Decreto 202/2020, do 3 de decembro​.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: cun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre.
  • Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non conviventes.
  • Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas entre familiares e achegados sexan ou non conviventes.
  • Bibliotecas, arquivos, museos: 50% da súa capacidade máxima permitida. As actividades culturais de grupo: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor ou guía.
  • Cines, teatros e auditorios: Sentados: calculando 1,5 metros nas 4 direccións entre os asistentes cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre.

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DIRIXIDAS Á POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL

  • Ao aire libre: o limite de participantes ao 50% da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 50 participantes, excluidos os monitores.
  • Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 25 participantes, excluidos os monitores.
  • As actividades deberán realizarse en grupos de ata 4 persoas participantes, sexan ou non conviventes excluidos os monitores. Os grupos deberán traballar sen contacto entre eles.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • Non está permitido o consumo no interior.
  • Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 50 % das mesas.
  • A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
  • Horario do peche ao público: 18:00 horas (Orde do DOG núm. 260-Bis do 29 de decembro do 2020)

ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES

  • Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
  • Actividades de animación ou clases grupais: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluidos os monitores .

COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS E MERCADOS AO AIRE LIBRE

  • Locais e establecementos, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade.
  • Centros e parques comerciais: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade en cada un deles.
  • Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30%.
  • Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
  • Mercados ao aire libre: 50% dos postos habituais ou autorizados.
  • Os establecementos comerciais deberán pechar ao público ás 21:30 horas.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS

  • Instalacións deportivas ao aire libre: individual e colectiva, sen contacto físico, e como máximo de 4 persoas de forma simultánea , sen contar o monitor.
  • Instalacións deportivas cubertas: grupos de ata 4 persoas sexan ou non conviventes sen contar o monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.

CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO

  • O público sempre debe permanecer sentado tanto nas instalacións deportivas como na vía pública.
  • Límite de 250 persoas para lugares pechados e de 500 se se trata de actividades ao aire libre.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADE FORMATIVA XESTIONADA OU FINANCIADA POLA ADMON. AUTONÓMICA

  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • Peche das actividades.

MANTEMENTO DE HORTAS, VIDES E COIDADOS DE ANIMAIS

  • Permítense os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides. ou precisen atender animais, respectando en todo ocaso a distancia de seguridade e os protocolos de prevención establecidos.

ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

  • I. Espectáculos públicos:
  • I.3. Espectáculos taurinos.
  • I.4. Espectáculos circenses.
  • I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
  • I.7. Espectáculos pirotécnicos.
  • II. Actividades recreativas:
  • II.1. Actividades culturais e sociais.
  • II.3. Actividades de ocio e entretemento.
  • II.4. Atraccións recreativas.
  • II.7. Actividades de restauración.
  • II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
  • III. Establecementos para o público:
  • III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
  • III.1.4. Circos.
  • III.1.5. Prazas de touros.
  • III.1.7. Recintos feirais.
  • III.2. Establecementos de actividades recreativas:
  • III.2.1. Establecementos de xogo.
  • III.2.1.1. Casinos.
  • III.2.1.2. Salas de bingo.
  • III.2.1.3. Salóns de xogo.
  • III.2.1.4. Tendas de apostas.
  • III.2.2. Establecementos para actividades deportivas:
  • III.2.2.4. Pistas de patinaxe.
  • III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.
  • III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
  • III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
  • III.2.3.2. Parques acuáticos.
  • III.2.3.3. Salóns recreativos.
  • III.2.3.4. Parques multiocio.
  • III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais:
  • III.2.4.5. Salas de concertos.
  • III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
  • III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
  • III.2.7.1. Salas de festas.
  • III.2.7.2. Discotecas.
  • III.2.7.3. Pubs.
  • III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
  • III.2.7.5. Furanchos.
  • III.2.8. Centros de lecer infantil.