Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ás 12.30h recepción á delegación da Red de Juderías de España que hoxe visita Tui

25/02/2019

Ás 12.30 h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a recepción á delegación da Red de Juderías de España que visita hoxe Tui para coñecer in situ o patrimonio xudeu da cidade, dentro do proceso de admisión da candidatura tudense para formar parte desta rede.

O alcalde de Tui. Carlos Vázquez Padín, recibirá á presidenta da Red de Juderías e alcaldesa de Hervás, Patricia Valle, a xerente da rede, Marta Puig, e representantes dos concellos de Ávila e Monforte.