O alcalde reúnese mañá ás 10h na Coruña co delegado do goberno en Galicia
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase mañá xoves, 5 de xullo, ás 10h na Delegación do Goberno na Coruña co delegado Javier Losada para abordar cuestións previas relacionada solicitude de declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil.
O rexedor tudense exporá ao delegado do goberno as principais peticións do concello ao goberno central que xa anticipou por carta ao presidente do goberno, Pedro Sánchez o pasado 26 de xuño. Entre as solicitudes figura que o goberno central asuma o financiamento e a contratación do desentullo, que se complementen as axudas da Xunta de Galicia, a través do IGVS, tanto para os afectados que teñen seguro coma para os que non, e tanto para primeiras coma para segundas vivendas. A terceira petición refírese a exención do pago do IBI e da tributación das axudas para a rehabilitación de vivendas para aos afectados cuxas casas quedaron destruídas ou inhabitables.