A partir do 1 de xaneiro a renovación da demanda de emprego xa NON será automática
18/12/2020
Dende a Oficina do Servizo Público de Emprego de Tui informan que a partir do 1 de xaneiro de 2021 a renovación da demanda de emprego NON se realizará de xeito automático e será obrigatorio facelo dalgún dos seguintes modos:
- A través da Oficina virtual do Portal de Emprego de Galicia (https://emprego.xunta.gal)
- Desde o teléfono móbil, a través da aplicación MOBEM.
- Mediante chamada telefónica ao número 981 900 643 ou 012 indicando o seu DNI e un PIN que deberá coñecer previamente e que lle será enviado por correo electrónico. Se non coñece o seu PIN, solicite cita na súa oficina de emprego.
- No portal https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin empregando o seu DNI e o PIN que deberá coñecer previamente e que lle enviarán por correo electrónico. Se non coñece o seu PIN, solicite cita na súa oficina de emprego.
- Nos Puntos de información dos concellos.
Se precisa máis información pode contactar coa oficina de emprego de Tui no teléfono 886 11 07 77 ou no correo oficina.emprego.tui@xunta.gal