Ruta Xudía
Os Sambenitos, a casa de Salomón e a Menorá da Catedral son elementos destacados do patrimonio xudeu
Tui atesoura un importante patrimonio vinculado á presenza na cidade da comunidade xudía e xudeoconversa. Destacan os Sambenitos, atopados hai anos no arquivo da Catedral e que están arestora no Museo Diocesano. Son pezas únicas en Europa. A isto súmase a Casa de Salomón, única en Galicia na súa tipoloxía, situada na rúa Canicouva conta cun patio central arredor do que se distribúe a vivenda. Tamén cómpre destacar a Menorá do claustro catedralicio que é testemuña da relación que existía entre a comunidade xudía e a cristiá. Estes son os tres elementos máis destacados cos que Tui conta, ligados á importante comunidade xudía que houbo na cidade, aos que se suman moitos outros coma a sinagoga, a carnicería...
Visitas autoguiadas pola ruta xudía.
A Ruta Xudía pódese percorrer de forma autoguiada, grazas á sinalización existente que parte da praza da Inmaculada e que, ao través dos sinais e códigos QR, conduce ao visitante polo patrimonio xudeu que conserva a cidade. A ruta está recollida tamén nun folleto turístico a dispor dos interesados na Oficina de Turismo.
Folletos Ruta Xudía - Criptoxudaísmo e Inquisición en Tui