Presentación do Programa de Creación e Consolidación do Emprego e Autoemprego
27/05/2014
Martes, 27 de maio de 2014. Mañá mércores, 28 de maio, ás 13h, na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación do Programa de Creación e Consolidación do Emprego e Autoemprego que o INCYDE, Instituto cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa, vai impartir na cidade nas próximas semanas grazas ao convenio asinado entre o INCYDE e a Deputación de Pontevedra, contando neste caso coa colaboración do Concello de Tui.
A presentación mañá correrá a cargo do alcalde de Tui e deputado, Moisés Rodríguez, e dun representante do INCYDE.