Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Policía Local de Tui precinta a pirotécnia La Gallega

10/09/2018

A empresa é propiedade de Francisco Lameiro, imputado pola explosión de Paramos

Tal como estaba previsto, as 9.00h de hoxe a Policia Local de Tui acompañada de técnicos municipais e en presenza da Guarda Civil de Tui, o Grupo de intervención de Arma e explosivos de Pontevedra ademáis da propiedade e a súa representación legal, personouse na instalacións de pirotecnia La Gallega S.L. para proceder ao seu precintado.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, acompañado polo concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro, desprazáronse tamén até Baldráns, lugar onde está situada a empresa pirotécnica.

Despois de realizar unha visita ao interior da empresa, tomouse  decisión de non realizar o levantamento topográfico xa que no interior da factoría aínda se almacena material pirotécnico, inmediatamente despois a Policía Local procedeu ao seu precinto.

A visita e o precintado se fixeron baixo a supervisión do edil de seguridade Antonio Castro Negro.

O alcalde recordou que hai unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do ano  2015, que el leva no cargo solo 10 meses pero que é vontade do concello cumprir esa sentenza, como demostra o precinto de hoxe.

No interior dalgunhas casetas había material cuxa retirada está sendo tramitada pola empresa propietaria e que debe ser retirado antes de calquera actuación no interior da pirotecnia.