As parroquias de Tui contarán con sinalización cos nomes da propia parroquia e dos dos distintos barrios que pertencen a ela
A instalación das sinais comezou hai un par de semanas e prolongarase aínda outras tres
Un total de 350 sinais están sendo instaladas nas estradas das 11 parroquias tudenses, nesas sinais se pode coñecer o nome do barrio por onde transcorre a estrada e a parroquia a que pertence
As sinais foron deseñadas por técnicos do Concello de Tui e nela se recollen os nomes polos que se coñece cada un dos barrios de cada parroquia. O investimento deste proxecto de sinalización ascende a 75.181, 29 €, e a finais deste mes ou no comezo do próximo estará rematada a súa colocación. O emprazamento das mesmas tamén forma parte do proxecto municipal.
O alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín asegura que con esta sinalización se pretende ademais de informar a través da datos que nelas aparece, manter vivos os nomes dos distintos lugares do rural tudense, evitando o esquecemento ou a desaparición dos mesmos, pondo en valor unha parte do patrimonio inmaterial das parroquias de Tui recollido nos nomes dos lugares.