O sábado preséntase o proxecto de desentullo da zona cero do barrio da Torre
7/09/2018
Este sábado, 8 de setembro, ás 11.30h no salón de sesións da casa do concello o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e o arquitécto redactor do proxecto, Francisco Valle Rubín, presentarán o proxecto de desentullo da zona cero no barrio da Torre, afectado pola explosión do pasado 23 de maio.