Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui ordena o precinto da grada do Campo de Fútbol Municipal Álvarez Durán

3/10/2018

Despois das repetidas caídas de cascotes da cuberta, os técnicos municipais aconsellan o seu peche ata valorar o alcance das deficiencias que as producen

O pasado luns a Policía Local de Tui procedeu o precintado  das gradas do estadio de fútbol Álvarez Durán, en concreto precintaron e prohibiron o paso nos seis accesos as mesmas , impedindo deste xeito que o público as poda utilizar. Nos últimos tempos en varias ocasións caíran cascotes da cuberta do graderío, sen que se coñezan as causas destes desprendementos.

Ata o campo de fútbol desprazouse un técnico municipal, que despois de revisar o estado da cuberta do graderío aconsellou o seu peche ata ter analizado con detalle os motivos dos desprendementos e a perigosidade dos mesmos.

No seu informe fai constar que a estrutura da bancada presenta graves deficiencias e os desprendementos se terían producido pola corrosión das armaduras de aceiro. Segundo se desprende do informe realizado polo técnico municipal semella que esta corrosión tense producido polas filtracións na cuberta e polo pouco recubrimento de formigón co que contan esas armaduras, provocando todo isto unha perda de sección dos elementos estruturais principais e unha diminución da capacidade portante da estrutura. Se aconsella tamén nese informe realizar os estudos previos necesarios por parte dunha empresa especializada. Estes estudos determinarán o alcance da intervención necesaria que ven pode ser a simple reparación das filtracións, a reparación e reforzo da estrutura ou a demolición da mesma, debendo valorar tamén o alcance económico das obras a levar a cabo e analizando se é máis viable economicamente a demolición, a  reconstrución ou a reparación.

Durante o tempo que dure o precinto o público asistente ó Álvarez Durán terá que seguir os partidos dende os laterais do campo.

Dende o Concello  de Tui, o seu alcalde Carlos Vázquez Padín, aseguraba que se van tomar as medidas necesarias para garantir a seguridade do público nos partidos de fútbol e que se vai a priorizar o análise e a toma de decisións para solucionar canto antes este problema e que o público poda volver as gradas do Álvarez Durán.