Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello apaoia a "candidatura" de Xosé María Álvarez Blázquez para o Día das Letras Galegas 2008

28/06/2007


O CONCELLO DE TUI APOIA A "CANDIDATURA" DE XOSE MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO DIA DAS LETRAS GALEGAS 2008

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui na súa xuntanza de hoxe mércores 27 de xuño, adoptou, entre outros, o acordo de dirixirse á Real Academia Galega solicitando que o "Dia das Letras Galegas" do vindeiro ano 2008 fose adicado á figura do egrexio escritor tudense Xosé María Álvarez Blázquez.

Este acordo foi adoptado a proposta do Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, tras coñecer por diversos medios de comunicación que unha das figuras ás que podería adicárselle a vindeira edición do "Día das Letras Galegas" é o tudense Xosé María Álvarez Blázquez. Con este apoio o Concello de Tui quere amosar o seu interese na recuperación e difusión desta personalidade que tanto traballou a prol da cultura de Galicia como creador literario, como historiador da nosa literatura, como investigador na prehistoria e historia de Galicia, como editor, como animador incansable da cultura do país.

Un persoeiro vencellado á cidade de Tui polo seu nacemento en 1915, porque nesta cidade iniciou os seus traballos de investigación na prehistoria, ou nesta cidade ocupaba unha praza de mestre no estoupido da Guerra Civil, que tan dramáticamente aféctoulle, ao fusilar ao seu pai, o médico Dario Álvarez Limeses, e mesmo ser depurado como mestre e trasladado a un pobo de Zamora. Logo da su excedencia voluntaria, no ano 1942, comezou en Vigo un intenso labor cultural que ocupoulle toda a súa vida.

Para o Concello de Tui é unha honra que esta figura importante das nosas letras teña nacido nesta localidade, á quen adicoulle parte dos seus escritos e investigacións. De confirmarse esta designación, comenta o concelleiro de cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez, sería unha honra para a nosa cidade e posibilitaria a recuperación para a memoria colectiva dos tudenses deste egrexio persoeiro, ata agora escasamente recoñecido en Tui e mesmo en Galicia enteira.