Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O colexio de Guillarei estreará este curso ascensor

10/09/2018

O delegado provincial da Consellería, acompañado polo alcalde de Tui e a Concelleira de Educación, Mila Gonzalez, visitaron a obra

O pasado venres 7, o Delegado Provincial de Educación, Cesar Pérez Ares, acompañado polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a Concelleira de Educación, Mila Gonzalez, e o Deputado autonómico, Moisés Rodriguez Pérez  acudiu o CEIP de Guillarei para comprobar o estado das obras do ascensor que se instalou neses centro. Un ascensor que estará plenamente operativo para o inicio deste curso e que vai servir ara facer accesible a segunda do colexio.

A obra supuxo un investimento de 57.000€. O ascensor ten unha capacidade de 400 kg con capacidade para varias persoas e unha cadeira de rodas.

No caso do colexio de Guillarei até o momento hai unha usuaria en cadeira de rodas que se vai ver beneficiada por esta instalación. Esta obra no colexio de Guillarei abre a posibilidade de estudar outros casos en colexios de Tui onde favorecera a mobildiade.
O Concello de Tui agradece o interese da consellería na resolución desta obra que vai facilitar actualmente o desenvolvemento diario dunha persoa pero que no futuro o fará con máis.