O alcalde de Tui ordena a través dun decreto o desaloxo da pirotecnia La Gallega S.L.
A empresa deberá retirar nun prazo de 15 días todos os materiais que se atopan nas súas instalacións.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, ven de facer público un decreto, no que se recolle a orde de desaloxo da Pirotecnia La Gallega SL en cumprimento das sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas que se ordena que se produza o cesamento, paralización e abandono de calquera actividade que alí se realizara incluído o almacenamento polo que o alcalde de Tui ordena que se proceda a retirada de todos os materiais explosivos, materias primas e produtos transformados ou por transformar así como doutros produtos necesarios para o exercicio da actividade no prazo de 15 días a contar dende a data de notificación de resolución. No mesmo decreto aclara que o desaloxo debe estar coordinado, supervisado e autorizado pola Sudelegación do goberno de Pontevedra nos termos que correspondan segundo a lexislación sectorial aplicable en materia de explosivos.
Se no prazo estipulado de 15 días a empresa non houbera efectuado o desaloxo será o concello quen o realice de xeito subsidiario.
O alcalde informou deste decreto o xulgado do contencioso número 1 de Pontevedra, a Subdelegación de goberno e a intervención de armas da Garda civil, ademáis de, naturalmente, a empresa e informará ao pleno na próxima sesión que se celebre.