Hoxe recepción municipal ao Club Kayak Tudense, Gustavo Rodríguez e os remeiros do Club Remo do Miño Tui polos títulos nacionais
23/03/2016
O Concello de Tui vai realizar unha recepción oficial aos clubs e deportistas que recentemente se proclamaron Campións de España nas súas modalidades deportivas, a partir das 19.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui.
O Club Kayak Tudense, Campión de España de Inverno, Gustavo Rodríguez, Campión de España de Duatlón de longa distancia e os integrantes do Club Remo Miño Tui da embarcación oito de Galicia, que se proclamaron Campións do Open de España por Autonomías, serán recibidos pola corporación municipal antes da celebración do pleno.