Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres nova cita no Teatro Municipal de Tui coa obra de teatro “Demolición”

7/10/2015

Mércores, 7 de outubro de 2015. Este venres hai unha nova cita no Teatro Municipal de Tui ás 21,30h coa obra destinada para o público adulto "Demolición" de Talia Teatro. Demolición, está escrita e dirixida por Cándido Pazó, e trátase dunha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión.

Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. "Comidrama". Un termo que expresa esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente. A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.

As entradas están á venda en http://www.culturatui.info/  ata este venres ás 13h ou dende as 20h ata as 21,30h do día do espectáculo no despacho de billetes ó prezo de 6€ e 4,5€ (prezo reducido).

Demolición de Talia Teatro

Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 9 de outubro, ás 21,30h
Xénero: Teatro para adultos

Duración: 90 minutos