Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cayetano Lledó presenta o seu espectáculo “Máxico Circus Cabaret” este sábado no Teatro Municipal de Tui

19/02/2016


Comezará ás 18.30h dirixido a público familiar. As entradas teñen un prezo de 3,5 e 2,5€


 


O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado un espectáculo de maxia teatralizada titulado “Máxico Circus Cabaret” cargo de Cayetano Lledó. A partir das 18.30h o público poderá disfrutar dunha fusión entre maxia e teatro para toda a familia.


Cayetano Lledo, presidente da Asociación de Magos Profesionais de Galicia, é produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación. A comedia e a máxica cómica centran as súas obras nas que mestura estilos teatrais con elementos de circo. 


En “Máxico Circus Cabaret”, o espectáculo que este sábado achega a Tui, conta a historia dun patrón de circo, no que xa non traballa ninguén, que para que continúe o espectáculo ten que parodiar a diversos personaxes coma Grocho Marx, a muller Barbuda, un mago chinés… Ao longo da función sucédense elementos de maxia, clown, comedia, teatro de improvisación, pantomima, hipnose, manipulación de obxectos e cartas, malabarismo… Todo nun espectáculo dirixido a público familiar.


As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este sábado ás 12h ou o sábado pola tarde dende ás 17h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.


Cayetano Lledó presenta "Máxico Circus Cabaret"


Lugar: Teatro Municipal de Tui


Data: Sábado, 20 de febreiro, ás 18.30h


Venda de entradas:


En en www.culturatui.info ata o sábado 20 ás 12h


No despacho de billetes o sábado dende ás 17h


Prezo: 3,5€ e 2,5€.