Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aviso Fitosanitario | Flavescencia Dourada

25/06/2024

A Consellería de Medio Rural remitiu un aviso ao concello informando que é obrigatorio que todos os viticultores de zonas demarcadas por Flavescencia dourada apliquen os tratamentos insecticidas autorizados nas seguintes parroquias:

  • Areas (Santa Mariña)
  • Baldráns (Santiago)
  • Caldelas de Tui (San Martiño)
  • Guillarei (San Mamede)
  • Paramos (San Xoán)
  • Pazos de Reis (O Sagrario)
  • Pexegueiro (San Miguel)
  • Randufe (Santa María da Guía)
  • Rebordáns (San Bartolomeu)
  • Tui (O Sagrario)
Dende o mes de maio, a Xunta de Galicia fai un seguimento da evolución do Scaphoideus titanus, insecto vector da Flavescencia dourada da vide. As ninfas atópanse no seu estado máis avanzado, polo que estamos no momento máis axeitado para aplicar os tratamentos insecticidas, OBRIGATORIOS na zona demarcada e RECOMENDADOS nas zonas vitícolas lindeiras.
Recomendacións dos tratamentos:
  • Aplicación dos insecticidas na 1a hora do día, excepto no caso de empregar piretrinas, que se realizará na última hora do día debido a perda de eficacia ó ser un produto fotosensible.
  • Aplicar uniformemente, mollando ben a parte posterior das folla e a parte baixa das cepas, lugar onde se aloxan as ninfas.
Dende a Consellería de Medio Rural lembran a obriga de anotar os tratamentos aplicados nos cadernos de explotación, que poderán ser requiridos para a súa comprobación.

Na páxina web da Consellería pode consultarse a listaxe das materias activas e formulados autorizados para estes tratamentos fitosanitarios e a listaxe coas parroquias das zonas demarcadas.