Aberta a inscrición para as xornadas sobre Deporte Inclusivo que se realizarán tras as Olímpiadas Interxeneracionais nas que participou Tui
O próximo 6 de abril, Día Mundial da Actividade Física, celebrarase no Hotel INATEl de Vila Nova de Cerveira un Seminario Internacional de Deporte Inclusivo. Esta actividade xurdiu tras as Olimpíadas Interxeracionais celebradas o pasado verán nas que houbo tamén participantes tudenses.
Segundo o programa previsto pola mañá, tras a sesión de apertura, abordarase un primeiro bloque temático centrado na Calidade de Vida na Terceira Idade, onde se afondará no “Exercicio e a lonxevidade”, “Monitorización e avaliación do exercicio”, “Parkinson e actividade acuática” e “Actividade física e ganancias psicolóxicas nos máis vellos”.
Tras un xantar de convivencia s de balde a actividade retomarase pola tarde centrada en “Todas as persoas xuntas en prol do deporte”. Distintos atletas convidados debaterán sobre a “Interxeracionalidade no deporte”. Un terceiro bloque leva por título “Olimpíadas interxeracionais” no que se exporá os proxectos de actividade física nos municipios do Alto Minho e do Baixo Miño, proxectos de emprendemento xuvenil, e aportarán a súa experiencia persoas que participaron nestas olimpíadas o pasado verán. Previa á clausura avaliarase este proxecto de Olimpíadas.
A inscrición para participar nestas xornadas está aberta ata o próximo 1 de abril.