Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Feira San Carnaval no Paseo da Corredoira

20/02/2016

O domingo, 21 de febreiro, dende ás 10h celébrase no Paseo da Corredoira a Feira San Carnaval organizada polo Concello de Tui coa colaboración de PPart e Minchu Antigüidades.

Haberá máis de 60 postos de artesanía, antigüidades, herbas medicinais, numismática, cristal, madeira, xabóns artesanais, doces, obradoiros.

Dende ás 11h haberá inchables gratuítos para nenos. Ás 11h celerarase un concurso de disfraces canino, e ás 13h un concurso infantil de disfraces.

A feira terá tamén a súa faceta solidaria coa recollida de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño.