Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dende mañá martes 13 de febreiro está exposto ao público no edificio da “Área Panorámica” o Catastro de Rústica do Concello de Tui

12/02/2007

Dende mañá martes 13 de febreiro está exposto ao público no edificio da “Área Panorámica” o Catastro de Rústica do Concello de Tui
Luns 12 de febreiro de 2007. O Concello de Tui comunica que, segundo o disposto no Edicto que publica hoxe a Xerencia Territorial do Catastro en Pontevedra no Boletín Oficial da Provincia, dende mañá martes 13 de febreiro atópanse expostas ao público no edificio “Área Panorámica” deste Concello de Tui (rúa Colón, 2), por un prazo de quince días hábiles en horario de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00 horas, as características catastrais das fincas rústicas resultado da “Renovación do catastro de rústica” efectuada no noso concello os derradeiros meses.
Durante este período de exposición pública todos os cidadáns interesados poden consultar as características catastrais das súas propiedades nesta exposición pública onde serán asesorados e informados polo persoal técnico especializado da Xerencia Catastral. Durante este período e os quince días seguintes os interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.
O Concello de Tui lembra aos seus veciños a importancia de verificar os datos catastrais das propiedades rústicas pois é un dos elementos sustancias para as imposicións tributarias por parte das Administracións así como para o desenvolvemento agrario, a xestión do patrimonio inmobiliario, en definitiva, para todas as actividades que afecten ao territorio, incluída a correcta tributación.
Os traballos de renovación catastral do municipio englóbanse dentro do Programa Integrado da Comunidade Autónoma de Galicia, incluído na medida 2.7, Sociedade da Información, e cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).