Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Mañá celébrase en Tui a segunda xornada de “O Camiño Sostible”

Undefined

Mañá venres, 16 de outubro, a partir das 10 h a aula da UNED, no antigo Convento de San Domingos, acollerá a segunda xornada do proxecto “O Camiño Sostible”, que forma parte do programa “O teu Xacobeo”.

Trátase dunha actividade que ten por obxectivo dinamizar e pór en valor todos e cada un dos sectores e actores que forman parte do Camiño de Santiago. Ao tempo persegue con eles e a súa interacción, promocionar o turismo e o desenvolvemento local a través dos valores do camiño e a sustentabilidade.

Anuncio Boppo convocatoria e inicio cómputo prazo de presentación de instancias para cobertura interina praza de técnico de xestión e formación de listaxe de reserva

Undefined

Anuncio Boppo convocatoria e inicio cómputo prazo de presentación de instancias para cobertura interina praza de técnico de xestión e formación de listaxe de reserva

As persoas maiores de 55 poderán realizar o programa de formación Expertclick

Undefined

O Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios ofertan formación gratuíta on line para persoas maiores de 55 anos. Fanno ao través do programa de formación no uso das novas tecnoloxías Expertclick. Busca ofrecer a este colectivo capacitación en habilidades dixitais para que navegue con seguridade e confianza en internet. Ao tempo esta formación permitirá realizar operacións cotiás, especialmente as relacionadas coa sanidade, a administración ou a banca on line. 

Tui reflexiona sobre as posibilidades do territorio no futuro post-covid co gallo do Día Mundial do Turismo

Undefined

Este domingo, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano celébrase baixo o lema “O turismo e o desenvolvemento rural” que quere expresar a capacidade excepcional do turismo para crear oportunidades no ámbito non urbano e coma instrumento eficaz para a preservación do patrimonio cultural e natural.

Certificado resultados proceso selección para a contratación laboral temporal tempo parcial dun/unha profesor de óboe para o Conservatorio/Escola de Musica de Tui

Undefined

Resultados proceso selección contratación laboral temporal a tempo parcial dun/unha profesor/a óboe para o Conservatorio/Escola de Música do Concello de Tui. As persoas aspirantes poderán presentar alegacións no prazo de 3 días hábiles seguintes á publicación no taboleiro de anuncios.

Certificado resultado segundo exame proceso selección técnico xestión interino e listaxe de reserva

Undefined

Certificado resultados segundo exame proceso de selección técnico xestión interino e formación de listaxe de reserva, declarado deserto. As persoas aspirantes poderán presentar alegacións no prazo de 3 días hábiles desde a súa publicación (remata o venres,25 de setembro de 2020). 

O Centro Municipal de Formación acolle un Punto de Información, Orientación e Prospección para persoas con discapacidade

Undefined

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, situado en Guillarei, conta cun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade.  Este servizo está recollido no convenio de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga.

No acto, desenvolvido na casa do concello, contou coa presenza da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, o presidente de VONTADE, Miguel Pazo, entre outros.

Ás 11.30 h asínase un convenio entre o Concello de Tui e COGAMI

Undefined

Hoxe martes, 15 de setembro, ás 11.30 h, no salón de sesións da casa do concello terá lugar a sinatura dun convenio entre o Concello de Tui e COGAMI para a ubicación no Centro Municipal de Formación dun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade.

A sinatura correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Tamén estará presente a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

 

Resultados 1º exame Prc. Técnico de Xestión

Undefined

Resultados primeiro exercicio do proceso selectivo para nomeamento interino de Técnico de Xestión, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións. (prazo que remata o vindeiro xoves día 17/09/2020) asemade o tribunal convocou aos aspirantes que superaron o primeiro exercicio o segundo exercicio que será o vindeiro luns día 21/09/2020 as 09:30 horas nas dependencias da Casa do Concello, sita e Praza do Concello nº 1 36700 Tui.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego