Tui sede do Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e GT 6 e G6
O río Miño ao seu paso por Tui será o escenario este sábado, 27 de xullo, do Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e GT6. A proba está organizada pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.