Tui celebra o luns a concentración cabalar de San Bartolomeu
El Chamo, actual campión de España de doma vaqueira, e Rafael Arcos actuarán por vez primeira en Galicia. Será o próximo luns ás 12.45 h na Concentración Cabalar de San Bartolomeu. Esta secular cita volverá a converter a Tui en referente no mundo equino en Galicia cun amplo programa ao longo da mañá que comezará coa apertura da concentración ás 8 h. Este tradicional evento reunirá a centos de persoas para participar no amplo programa previsto.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.