Tui despide o ano cunha intensa actividade de Nadal
Dentro da programación ‘Tui, o camiño do Nadal’, o concello de Tui continúa impulsando iniciativas para seguir festexando estas datas. A música será a protagonista mañá á noite co Concerto de Fin de Ano, o Paseo da Corredoira acolle o Mercado de Nadal, os cativos e cativas disfrutan ao longo da semana dos obradoiros e a próxima semana dun planetario, pero amais a decoración e a iluminación destas datas son outros dos atractivos que ofrece a cidade.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.