O próximo mércores 4 de maio comeza a 18ª edición de Play Doc
O próximo mércores, 4 de maio, comeza en Tui a décimo oitava edición de Play Doc. O festival tudense cumpre a súa maioría de idade volvendo a súa data habitual na primavera, cunha programación con marcado carácter internacional pero sen perder de vista o local e a produción audiovisual galega.