O Conservatorio de Tui incorporará no próximo curso 2022-23 o Grao Elemental
O Conservatorio Profesional de Música de Tui impartirá dende o próximo curso escolar 2022/23 o Grao Elemental. O pasado martes, 14 de xuño, publicouse no DOGA a autorización das ensinanzas elementais de música por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Deste xeito o centro tudense impartirá ensinanzas regradas elementais de música en quince especialidades instrumentais: piano, guitarra, violín, clarinete, guitarra eléctrica, frauta traversa, gaita, saxofón, percusión, óboe, viola, violonchelo, trompeta, trombón e tuba.
 




Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.