Catro agrupacións tudenses protagonizan o venres 30 o concerto de Fin de Ano
Seguindo a tradición Tui vai despedir o ano con música co Concerto de Fin de Ano que se vai celebrar o próximo venres, 30 de decembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal, a cargo de catro agrupacións tudenses a Banda de Música Popular de Tui, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, a Coral Polifónica Ponte das Febres e a Coral San Telmo de Tui, e baixo a dirección artística de Eloy Carrera.
Ao longo de 60 minutos as catro agrupacións ofrecerán un programa marcado polas composicións de Nadal pero no que haberá tamén oco para bandas sonoras.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.