Perfecto Ramos presenta en Tui “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros
Este venres, 14 de febreiro ás 19.30 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez terá lugar a presentación do libro “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros” de Perfecto Ramos Rodríguez editado por Aira Editorial. O autor estará acompañado da profesora Helena Pousa Ortega.
Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.