Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Panadería despídese este sábado en Tui coa derradeira función de “As que limpan”

17/11/2025

Prevese cheo total no Teatro Municipal. As últimas entradas están á venda en tui.gal

Un teatro comprometido, actual, fresco e con humor. Así teñen sido dende 2013 as propostas teatrais de A Panadaría, a compañía formada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman que este sábado se despide en Tui coma compañía. Hoxe no escenario do teatro tudense, onde este sábado representarán a derradeira función de “As que Limpan” falaron do percorrido deste doce anos.

“Pan!pan!”, “Panamericana”, “Elisa e Marcela” e “As que Limpan” son as catro montaxes teatrais que levaron a escena nestes anos e que lles teñen valido numerosos galardóns, entre eles varios premios María Casares, así coma o aplauso do público. 

Este sábado volverán subir ao escenario para despedirse, o farán coa derradeira función de “As que limpan”. En Tui pechan o círculo dunha obra que comezou precisamente aquí coa súa estrea en febreiro de 2022, e que coma hoxe mesmo explicaban neste tempo foi mudando en conexión permanente coa actualidade incorporando dende o caso Rubiales ao xenocidio en Gaza ao texto teatral.  Este sábado agardan cheo total no teatro tudense, xa que quedan poucas entradas á venda, polo que máis de 500 persoas despedirán á compañía co que de seguro será un aplauso unánime.  Hoxe Areta Bolado, Noelia

Castro e Ailén Kendelman recoñecían que “transitar este momento”, a despedida, non é doado, pero “era necesario” aínda que lles dea pena. 

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destacou o agradecemento do Concello a estas “mulleres valentes” destacando o seu “magnífico talento”, e convidando ao público a esta despedida teatral. 

A cita con A Panadaría e “As que limpan” será este sábado ás 20 h. As últimas entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€.

Entradas