Mañá preséntase o Concerto de Fin de Ano
Mañá venres, 19 de decembro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o concerto de Fin de Ano que terá lugar o próximo venres, 27 de decembro.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Mañá venres, 19 de decembro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o concerto de Fin de Ano que terá lugar o próximo venres, 27 de decembro.
“Cuentos con moito conto” é o título do cd solidario que vén de editar o CRA Mestra Clara Torres de Tui con nove historia de OQO editora narradas en galego e castelán. Porase á venda ao prezo de 10€ e os fondos recadados serán para os dous nenos que quedaron orfos na explosión rexistrada o pasado ano en Paramos.
Mañá mércores, 18 de decembro, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o cd “Cuentos con moito conto”
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e da directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez.
Os axentes da Policía Local de Tui David González Martínez e Esteban Álvarez González recibiron esta mañá o agradecemento dunha familia de Tui a que hai uns meses axudaron na busca do seu fillo, menor de idade, que se perdera durante a xornada escolar. Bruno Correia e Beatriz Correa amosaron aos axentes o seu agradecemento polo labor realizado na localización do seu fillo.
O Concello de Tui vai acometer o próximo ano a humanización do primeiro tramo da rúa Colón cun investimento de 314 mil euros con cargo ao Plan Concellos de 2018. As obras contemplarán o ensanchamento de beirarrúas, pavimentado, colocación de mobiliario urbano e zonas verdes. Será a actuación de maior importe do Plan Concellos 2018.
Tui presenta este Nadal un espectáculo innovador e único cun concerto danzado da Escola de Danza Paula Cobián e o Coro Mistura Vocal, no que tamén intervirá o coro ImaGine VoiZes de Aldeas Infantiles. Posiblemente se trate da primeira vez a nivel mundial que “O Conto de Nadal” de Charles Dickens se leva escena con estas características, contando só con música vocal.
Mañá xoves, 12 de decembro, ás 16.30 h terá lugar na sala de reunións da casa do concello a presentación do espectáculo “Conto de Nadal” que con dobre función, o sábado 21 e o domingo 22 de decembro, terá lugar no Teatro Municipal de Tui.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicentes, de Paula Cobián directora da Escola de Danza Paula Cobián, e Aloia Martínez, directora do coro Mistura Vocal.
A pasada semana constituíuse no Concello de Tui a Mesa do Camiño de Santiago, un órgano que ten por obxectivo a cooperación entre os axentes públicos e privados implicados na xestión do Camiño de Santiago no municipio. Forman parte da mesa o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, xunto a dous representantes do sector da hostalería, dous do sector da restauración, e dous representantes doutros servizos aos peregrinos.
Cun investimento de 56.686,19 € nos últimos días rematáronse as obras de Reforma das Instalacións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia. Estas obras executáronse con cargo ao Plan Concello 2017 da Deputación de Pontevedra.
A Policía Local abriu onte expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores dun evento en mobiliario urbano, en concreto en diversas farolas, incumprindo así o establecido na ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria. Tras a apertura do expediente esta mañá empregados municipais procederon á retirada dun total de 12 carteis anunciadores que serán depositados na nave municipal mentres se tramita o citado expediente.