Tui aposta por un Nadal que pon en valor os seus recursos, sustentable e singular
“Tui, Camiño do Nadal, o camiño natural” é o lema baixo o que se celebra este ano a programación de Nadal en Tui. Dende o concello de Tui apóstase por un amplo programa de actividades dirixidas a público de todas as idades que se van celebrar dende este domingo, 1 de decembro, até o 5 de xaneiro.
Esta tarde o alcalde, Enrique Cabaleiro, e as concelleiras de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, presentaron a programación a desenvolver que ten coma eixos o patrimonio tudense, o Camiño de Santiago e a sustentabilidade.