Mañá venres preséntase en Tui “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”
Mañá venres, 5 de xuño, ás 20.00 h, no Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela de Tui, terá lugar a presentación da obra colectiva “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”. Trátase dunha obra considerada fundamental no estudo dos xogos tradicionais galegos, pois reúne colaboracións de ata 42 autorías desde moi diferentes perspectivas, desde estudos teóricos ata a descrición de proxectos xa desenvolvidos ou a proposta de novas iniciativas para investigar e poñer en valor os nosos xogos.





