O alcalde de Tui viaxará a Madrid o mércores para solicitar ante os ministerios de Política Territorial o inmediato comezo do desentullo e ante o do Interior a colaboración no desaloxo da pirotecnia
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, viaxará o próximo mércores, 7 de novembro, a Madrid para solicitar o desentullo da zona Cero do barrio da Torre de Paramos e a colaboración no desaloxo da pirotecnia de Baldráns no Ministerios de Política Territorial e Interior.
 
 





