Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Instituto de Estudos Tudenses promove unha nova edición do programa “Coñece o noso patrimonio”

Undefined

Nos meses de xullo e agosto celebrarase unha nova edición do programa “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses que conta coa colaboración das concellerías de Turismo e Patrimonio e de Cultura do Concello de Tui.

Tras o éxito acadado nos últimos anos este verán “Coñece o noso patrimonio” abrangue un total de sete actividades e visitas guiadas a elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto.

Relicario dialoga coa memoria, o patrimonio e a beleza na Catedral de Tui

Undefined

Até finais do mes de setembro a Catedral de Tui acolle a instalación artística “Relicario” obra do tudense Carlos Fer dentro dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración do templo catedralicio.

Onte á tarde tivo lugar a inauguración nun acto no que interviron o alcalde, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente; o deán da Catedral, José Diéguez; o director do museo Tude, Santiago Vega; e o propio artista, Carlos Fer.

A Catedral volve iluminar as noites tudenses

Undefined

A Catedral de Tui ilumínase de novo como un faro na noite tudense e deste territorio transfronteirizo. Onte á noite tiña lugar o acendido das novas luminarias que realzan o templo tudense dende o Pórtico gótico, o primeiro en iluminarse cada noite, coma as torres, as campás, a fachada norte, o pazo episcopal, ou os pequenos detalles coma as marcas dos canteiros, as inscricións, e os reloxos de sol que podemos atopar na súa pedra.

O luns ás 19 h inaugúrase “Relicario” de Carlos Fer na Catedral

Undefined

O próximo luns, 29 de xuño, ás 19 h terá lugar na Catedral de Tui a inauguración da instalación artística “Relicario” do tudense Carlos Fer.

A obra foi creada especificamente para este lugar con motivo da conmemoración dos oitocentos anos da consagración da catedral. Permanecerá no templo até finais de setembro.

No acto inaugural participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla; representantes do Cabido da Catedral, o propio artista Carlos Fer, xunto a outras autoridades.

Mañá inaugúrase a nova iluminación da Catedral de Tui

Undefined

Mañá sábado, 27 de xuño, terá lugar a inauguración da nova iluminación da Catedral de Tui. O acto simbólico de acendido realizarase ás 23 h na praza de San Fernando.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o bispo da diocese, Antonio Valín; o  director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; a presidenta do Xeodestino e alcaldesa de Tomiño, Sandra González; a representante institucional e alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; e o redactor do proxecto e presidente do COAG en Vigo; Manuel M. Carazo, intervirán neste acto. Tras o acendido soarán as campás da Catedral.

“Relicario” é a intervención artística que Carlos Fer realizará na Catedral de Tui

Undefined

O tudense Carlos Fer realizará unha intervención artística, baixo o título de “Relicario” na Catedral de Santa María de Tui dentro do programa conmemorativo do oitavo centenario da consagración do templo tudense.  O luns, 29 de xuño, ás 19 h está prevista a inauguración na propia Catedral.  

Tui celebra o aniversario dos Xogos Florais coa presentación do libro “Tui, 1900-1936” e co espectáculo de poesía e música “Medula” de Cristal Méndez

Undefined

O Espazo Sociocultural, da rúa Camilo José Cela, acolle este mércores, 24 de xuño, a partir das 19 h a conmemoración do aniversario dos Xogos Florais de Galicia, coa presentación dun libro e cun espectáculo de poesía e música. 
O Concello de Tui promove, un ano máis, a conmemoración do que foi o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega na etapa contemporánea que se celebrou no Teatro Principal tudense entre o 24 e o 26 de xuño de 1891. 

Música, cinema, danza e gastronomía no Verán Cultural de Tui

Undefined

O Concello de Tui pon en marcha o Verán Cultural 2026, cunha programación que se celebrará do 3 de xullo ao 22 de agosto. Abarca festivais de música, cinema ao aire libre, danza, gastronomía popular, bandas de música e eventos internacionais. Con máis de vinte actividades, esta edición consolida Tui como un referente cultural da provincia de Pontevedra e da Eurocidade Tui-Valença.

Os Sambenitos da Catedral de Tui expóñense en Ávila

Undefined

Os Sambenitos da Catedral de Tui son pezas únicas que este días se poden  visitar en Ávila na exposición “Historia, Memoria e Infamia” que foi inaugurada esta mañá na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de San Francisco. 

O acto contou coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do alcalde de Ávila, Jesús Manuel Sánchez Cabrera, das concelleiras de Turismo de Tui, Ana Núñez, e de Ávila Sonsoles Prieto, do comisario da exposición, Rafael Sánchez Bargiela, e do xerente da Red de Juderías Iñaki Echeveste. 

Pages

Subscribe to RSS - 800 Catedral