O luns ás 19 h inaugúrase “Relicario” de Carlos Fer na Catedral
O próximo luns, 29 de xuño, ás 19 h terá lugar na Catedral de Tui a inauguración da instalación artística “Relicario” do tudense Carlos Fer.
A obra foi creada especificamente para este lugar con motivo da conmemoración dos oitocentos anos da consagración da catedral. Permanecerá no templo até finais de setembro.
No acto inaugural participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla; representantes do Cabido da Catedral, o propio artista Carlos Fer, xunto a outras autoridades.
Sonsoles Vicente, amosa a súa satisfacción por poder presentar en Tui, co gallo desta destacada efeméride, por vez primeira a obra deste tudense que conta cunha importante traxectoria artística. Agradece a colaboración do Cabido da Catedral tudense para a realización desta intervención.
A concelleira de Cultura convida tanto a tudenses coma a visitarse a achegarse até a Catedral a partir do luns para contemplar esta instalación artística.





