Tui celebra este sábado a Festa da Auga
O Paseo da Corredoira será o lugar onde este sábado se celebre a Festa da Auga, un evento co que se quere animar a tarde do sábado para cativos e cativas. Así o público poderá disfrutar de forma gratuíta de dous inchables acuáticos e tamén da festa da escuma. Celebrarase de 18 a 21h.




