Acordo na Mesa local do Camiño para realizar un traballo conxunto de preparación dos novos escenarios post-confinamento
A Mesa Local do Camiño reuniuse onte de xeito telemático no Concello de Tui . O alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, mantiveron un encontro cos representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa. O obxectivo foi avaliar a situación actual e as perspectivas no ámbito do Camiño de Santiago e a peregrinación, un sector estratéxico na localidade.




