A Eurocidade Tui-Valença acolle a representación de “Fado Alexandrino” do Teatro Nacional São João
A Eurocidade Tui-Valença acolle o próximo 31 de xaneiro a representación de “Fado Alexandrino” da man do Teatro Nacional Nacional São João do Porto. Trátase dunha gran montaxe escénica coa que a compañía se suma aos actos conmemorativos do 50 aniversario da Revolución dos Cravos. Este espectáculo chega á Eurocidade Tui-Valença dentro da Temporada Cruzada da Programación Cultural Portugal-España: 50 anos de democracia, e conta coa colaboración do Centro Dramático Galego e do Instituto Camões.