“A Leituga” de Eme2 abre esta noite a programación cultural de Outono
Hoxe ábrese a programación cultural de Outono no Teatro Municipal de Tui. Será coa representación da comedia negra “A Leituga” da man de Eme2. A cita será ás 21.30h.
Neste espectáculo Víctor Duplá dirixe a Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro, e Xosé Barato. nesta obra teatral na que cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma dende hai nove anos.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.