Tanxarina presenta este venres en Tui “A Galiña Azul”
O conto de Carlos Casares “A Galiña Azul” chega mañá venres, 15 de marzo, ás 20 h ao Teatro Municipal de Tui da man de Tanxarina Títeres.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
O conto de Carlos Casares “A Galiña Azul” chega mañá venres, 15 de marzo, ás 20 h ao Teatro Municipal de Tui da man de Tanxarina Títeres.
Tui acollerá o venres, 7 de xuño, a sétima edición de “No bico un cantar” que congregará un coro de cincocentos nenos e nenas pertencentes a conservatorios profesionais e escolas de música de Galicia e o norte de Portugal.
A choiva e o vento do pasado martes obrigaron a suspender o Desfile-Concurso de Entroido, que se vai celebrar o domingo, 17 de marzo, ás 17.30 h no circuíto establecido polas rúas novas.
Para manter a secuencia lóxica dos eventos de Entroido, e ante a incertidume do tempo, vénse de aprazar a celebración do Enterro do Bacallau, previsto inicialmente para este domingo 10, para o domingo 24 de marzo. Deste xeito primeiro terá lugar o desfile-concurso e á semana seguinte a despedida do Entroido co Enterro do Bacallau.
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 8 de marzo, ás 21.30h a Culturactiva de Santiago de Compostela que presenta "Senior".
Avelino González dirixe o elenco conformado por Luís Iglesias e Marcos Orsi nunha comedia que aborda a chegada aos 50 anos de idade.
Ante as adversas predición meteorolóxicas, con choiva e vento para mañá martes, adíase a celebración do Desfile-Concurso de Entroido para o domingo 17 de marzo.
Mantense para este domingo 10 de marzo a celebración do Enterro do Bacallau a partir das 19.30h.

Preto de 850 persoas e 13 carrozas pertencentes a 10 comparsas de Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, e Redondela participarán o próximo martes, 5 de marzo, no Desfile-Concurso de Entroido en Tui. Comezará ás 17.30 h para realizar un percorrido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. O martes 5 é festivo local en Tui.
“Cousa de nenos” é o título do espectáculo que Ian Hamilton e Elisa Alfaya presentan este venres ás 20 h no Teatro Municipal de Tui.
“Cousa de nenos” mestura maxia e sombras chinescas nun espectáculo cheo de corido e ilusión dirixido a toda a familia. O público mergullarase nun mundo imaxinario onde nada é imposible.
Ás 12.30 h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a recepción á delegación da Red de Juderías de España que visita hoxe Tui para coñecer in situ o patrimonio xudeu da cidade, dentro do proceso de admisión da candidatura tudense para formar parte desta rede.
O novo folleto turístico da Ruta Xudía de Tui foi presentado este mediodía na casa do concello polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría.
Mañá xoves, o venres e o luns serán as datas nas que se deberán inscribir os grupos e comparsas que desexen participar no Desfile – Concurso de Entroido 2019 en Tui o martes 5 de marzo.
As bases de participación veñen hoxe publicadas no BOPPO, así coma na web municipal tui.gal e na sede electrónica do Concello de Tui.