A Panadaría presenta mañá ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui” Elisa e Marcela”
Logo do éxito colleitado na Coruña, Vigo e Santiago mañá venres chega a Tui "Elisa e Marcela", a última montaxe de A Panadaría.
Baixo a dirección de Gena Bahamonde as actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman dan vida a Elisa e Marcela o primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero, de defensa dos seus dereitos…