Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Mañá ás 11.00h preséntase a 36º Axenda Cultural Corredoira no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Mañá mércores 26 de setembro as 11.00 da mañá preséntase no Teatro Municipal situado no edificio da Área Panorámica a 36º axenda cultural Corredoira coa programación deste outono.  

A presentación asistirán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Patrimonio, Deportes e Medio Ambiente, Eduardo Martínez Freiría, a xerente de Eme2, compañía do espectáculo “A leituga”, Mercedes González Castro, o actor Antonio Durán “Morris”, o director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Rubén López López e  a directora do Coro Mistura Vocal, Aloia Martínez.

Xoán Curiel presenta este xoves en Tui “A casa do terror”

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle este xoves, 27 de setembro un espectáculo de teatro, música, clown e danza da man de Xoán Curiel baixo o título “A casa do terror”.  Esta actividade chega a Tui dentro de Falaredes, o  programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concello

A música sefardí e a visita aos Sambenitos pechou as Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui

Undefined

As Xornadas Europeas da Cultura Xudea en Tui  remataron esta fin de semana con dúas actividades.

O sábado pola noite o público puido disfrutar da música sefardí a cargo de Ana Alcaide e Bill Cooley. O tema das xornadas deste ano foron os relatos, e a música sefardí aporta unha gran carga emocional froito da vivencias e o exilio das familias xudeas. De aí a necesidade de expresar nas xornadas deste ano, tamén coa música, unha parte da cultura hebrea, máxime na voz e mans de Ana Alcaide acompañada por Bill Cooley. 

Visitas guiadas á xudería medieval e aos sambenitos nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Undefined

Mañá prosegue en Tui a programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui que se van celebrar  até o sábado 8 pondo en valor o importante patrimonio xudeu que, ao longo das últimas xornada se ten centrado nas redes sociais municipais coas historias do filósofo Francisco Sánchez, a prisión de Antonia Saravia; e as viaxes de Baltasar de Araujo.

Os petróglifos do Rachadón e as mámoas de Chan do Tetón centran a terceira visita do programa “Tralas pegadas do tempo”

Undefined

Este sábado, 8 de setembro, terá lugar a terceira visita do programa “Tralas pegadas do tempo” organizado pola Concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Tui.  En concreto será aos “Petróglifos de Rachadón e mámoas de Chan do Tetón”. O punto de encontro será a capela de San Nomedio  ás 20.30h.  Previa a visita aos petróglifos realizarase unha actividade de graffitis prehistóricos.  

Tui celebra do 2 ao 8 de setembro as Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Undefined

Este domingo, 2 de setembro, comezan as X Xornadas da Cultura Xudía en Tui que se van celebrar  até o sábado 8 pondo en valor o importante patrimonio xudeu que hai na cidade. Este mediodía na casa do concello tivo lugar a presentación deste programa por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador tudense, Suso Vila.

Recepción do Concello de Tui a Carlota González e o Club Remo RRK Regensburg de Alemania

Undefined

O próximo luns, 3 de setembro, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial á remeira do Club Remo do Miño, Carlota González, pola súa participación na competición internacional da Copa da Xuventude, na que acadou dúas medallas, unha de prata e unha de bronce. Así mesmo, a recepción será tamén ao club alemán RRK Regensburg que, polo irmandade co Club Remo do Miño, estará concentrado no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui, adestrando no río Miño, dende o 2 ata o 9 de setembro.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura