Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Retómase o proceso de selección para un condutor da Mancomunidade do Baixo Miño

Undefined

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño,  formada polos Concellos de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal, vén de retomar o proceso de selección dun condutor/a para esta mancomunidade que se virá suspedido coa decaración do Estado de Alarma, o pasadao 14 de marzo. 

Dase conta da listaxe de persoas admitidas e excluídas neste proceso, e do lugar e hora da proba práctica e da entrevista. 

O 28 de maio, ás 9.30 h, no Viso, no Concello do Rosal, terá lugar a proba práctica do proceso e a continuación o mesmo día ou nos días seguintes a entrevista. 

Dende o luns solicitarase cita previa para a atención presencial en todos os departamentos municipais

Undefined

A partir do próximo luns, 18 de maio, ponse en marcha un sistema de cita previa para a atención presencial en todos os departamentos do Concello de Tui. As persoas que precisen realizar calquera xestión deberán solicitar previamente cita ben por correo electrónico ou por teléfono.

O Concello de Tui continua a manter a boa parte do persoal en teletraballo, aínda que a partir do luns haberá en traballo presencial unha persoa por departamento, establecendo en todos eles as medidas sanitarias recomendadas.

O arquitecto César Portela rematou a redacción do anteproxecto de rehabilitación do Teatro Principal

Undefined

O arquitecto César Portela vén de rematar a redacción do anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Principal de Tui. O Concello de Tui encargoulle este cometido como paso previo para coñecer o investimento preciso e comezar a xestionar as posibles vías para acometelo. 

O Consorcio do Louro redacta o proxecto para repartar o afundimento rexistrado na estrada na Veiga do Louro en Tui

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro ten adxudicado á empresa Galaicontrol SL os traballos de redacción do proxecto de reparación do afundimento dun treito do  Colector Interceptor Xeral de Tui e na estrada de acceso á depuradora de Guillarei, situados no entorno da Ponte Romana.

Recoméndase transitar pola dereita nas beirarrúas

Undefined

Ante a crise sanitaria xerada polo COVID-19 e tendo en conta as recomendacións sanitarias dende o concello de Tui recoméndase á veciñanza transitar sempre pola dereita nas beirarrúas, para deste xeito evitar cruzarse con algunha persoa en sentido contrario e mantendo así a distancia de seguridade.

Así o sinala o alcalde, Enrique Cabaleiro, nun bando emitido  esta mañá, no que fai fincapé na importancia do “esforzo de cada un de nos en cumprir todas as recomendacións sanitarias que os expertos están a indicar” para loitar contra esta pandemia.

Os Servizos Sociais municipais coordinan a atención ás persoas vulnerables durante o estado de alarma

Undefined

Detectar e prestar atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, facilitar material de protección e coordinar a atención foron tres dos eixos sobre os que xirou o traballo dos Servizos Sociais Comunitarios ao longo das últimas semanas coa crise do Coronavirus. Este departamento municipal mantivo o traballo dende a casa do concello contando co apoio continuado da Policía Local e Protección Civil.

O servizo reforzouse nas últimas semana coa contratación dunha terceira traballadora social.

Tui pon en marcha unha plataforma de venda on line para o comercio local

Undefined

O Concello de Tui ultima posta en marcha dunha plataforma de venda on line para o comercio que reúna nunha mesma tenda dixital todos os produtos que ofrecen os establecementos locais. Trátase dunha das medidas acordadas pola corporación municipal dentro do Plan de Reactivación Económica para apoiar ao comercio local e contribuír a paliar os efectos provocados pola crise da COVID-19. O concello de Tui financia e pon en marcha esta nova ferramenta coa que adaptarse aos novos tempos e aos novos hábitos de consumo e apostado pola profesionalización e a competitividade.

Tui permitirá ampliar terrazas e anula a taxa de ocupación

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro anunciou no día de hoxe ao sector hostaleiro e de restauración do municipio a exención das taxas das terrazas a todos os establecementos desde o inicio da declaración do Estado de Alarma e durante o tempo que se manteña esta situación extraordinaria. Esta decisión foi acadada no seo da corporación municipal.  Esta medida acompañarase ademais, da posibilidade de ampliar os espazos ocupados polas terrazas para facilitar así o cumprimento das recomendacións de distancias entre mesas e evitar a redución da capacidade na medida do posible.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía