Mañá xoves a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario a porta pechada
A corporación municipal de Tui celebrará mañá xoves, 28 de maio, ás 20 h pleno de carácter ordinario.
Con carácter excepcional, a sesión plenaria celebrarase a porta pechada para o público, sendo retransmitida en directo a través da radio municipal. Realizarase unha nova distribución dos concelleiros para garantir a separación entre eles, e terá ao seu diposr máscaras e luvas.