Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Hoxe ponse en marcha na web municipal a Oficina COVID cun servizo de información e asesoramento para PEMES, autónomos e persoas traballadoras

Undefined

O Concello de Tui pon en marcha no día de hoxe a Oficina COVID a través da web municipal tui.gal. Trátase dun servizo específico de información e consultas relacionado coa actual situación derivada do estado de alarma polo COVID-19 dirixido a PEMES, autónomos e persoas traballadoras. Esta é unha medida acordada por unanimidade polos grupos municipais da corporación tudense.

Suspendidos os eventos públicos culturais e deportivos até o 30 de xuño

Undefined

O Concello de Tui suspende todos os eventos públicos culturais e deportivos, organizados polo propio concello, até o 30 de xuño. Do mesmo xeito continuarán pechadas as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo, coma a biblioteca, o teatro, a sala de exposicións, e os centros culturais municipais das parroquias, mentres non se dea unha situación favorable de acordo coas recomendacións das autoridades sanidades.

Ampliada en 600 metros cadrados a superficie da Protectora de Animais Aloia

Undefined

O Concello de Tui vén de ampliar en 600 metros cadrados o espazo do que dispón a Protectora de Animais Aloia. En concreto véñense de rematar as obras que  permiten incrementar a superficie de patio da que poderán gozar os máis de cen cans que coidan. 

A execución do proxecto comezou en 2016 cando se realizou a limpeza de vehículos inutilizados que había traseira das naves municipais. O ano pasado, ao abeiro do Plan Concellos 2017, construíuse un muro de contención. Agora veñen de rematarse as instalacións coa colocación dun peche metálico e co recheo do terreo. 

O Concello de Tui reforza a recollida selectiva no rural con 40 novos colectores de envases

Undefined

O Concello de Tui recibiu no día de onte corenta novos colectores para a recollida selectiva que se van distribuír polas parroquias. Coa adquisición deste novos contedores, que están fabricados con material reciclado refórzase a recollida e envases lixeiros nas parroquias logo de detectar un incremento importante no volume deste tipo lixo e a demanda destes colectores para o seu depósito.

Aprobada a modificación da ordenanza de emerxencia social para poder ingresar en conta a axuda para compra de alimentos

Undefined

O Grupo de Goberno informa das decisión tomadas no pleno extraordinario celebrado no día de onte, un pleno esencialmente de contido económico que tiña como fin fundamental a reordenación da xustificación das axudas aos afectados pola explosión do barrio da Torre de Paramos, a modificación da Ordenanza de Emerxencia Social, o pago da débeda a provedores e a aprobación da sinatura do Convenio coa Confederación Hidrográfica Miño - Sil para a execución da pasarela sobre o Río Louro.

Ás 20 h pleno extraordinario emitido en directo pola RMT

Undefined

Ás 20 h a corporación municipal de Tui celebra pleno de carácter extraordinario. Dado o actual estado de alarma o pleno celebrarase a porta pechada, e no mesmo seguiranse as medidas indicadas para a prevención do contaxio por COVID 19. Redistribuirase a colocación dos membros da corporación para gardar a distancia recomenda entre eles, e se proporcionará luvas e mascarillas no acceso.  

Son 18 os puntos que conformar a orde do día. A sesión poderá seguirse en director a través da Radio Municipal de Tui. 

#SanTelmoNaCasa busca a participación veciñal compartindo as lembranzas e os desexos de futuro sobre as festas

Undefined

Unha ollada ao pasado pero tamén ao futuro son as primeiras propostas para a participación da veciñanza en #SanTelmoNaCasa. Trátase da celebración virtual das festas de San Telmo que na fin de semana comezou a través das redes sociais municipiais – Facebook, Twitter e Intagram – e que continuará até o próximo luns, 20 de abril, Luns de San Telmo.

San Telmo na memoria

Undefined

As festas de San Telmo imos celebralas este ano na casa. Farémolo sen lugar a dúbidas dun xeito diferente, compartindo seguramente lembranzas, momentos doutros anos, imaxes que gardamos na retina... Convidámosche a compartir nas nosas redes sociais - Facebook, Twitter e Instagram - o teu #SanTelmoNaMemoria.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía