Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Eurocidade

Tui e Valença conforman unha Eurocidade dende o mes de febreiro de 2012. As dúas cidades, unidas dende 1895 pola vella Ponte Internacional, pero que comparten relacións dende antano, conforman un exemplo de cooperación transfronteiza. Turismo, Deporte, Cultura... son só tres dos eidos nos que se ten estreitado a colaboración.